PALOMITAS PREFIXOS E SUFIXOS
Hoxe quería facer unha publi diferente… pois sobre todo porque é un recurso exclusivamente en lingua galega 💙
Cóstame moitisimo sempre atopar materiais un pouco « dinámicos » que estean pensados para traballar nesta área, e vendo que non son a única a quen lle pasa, intentarei este curso poñerme a facer moitos dos meus materiais nesta lingua 💪🏻 Parécevos?
Como vin que vos interesaba este material 🍿 volo subo ao blog encantada ❤️ Neste caso, consiste nun recortable onde tiñan que clasificar os morfemas, buscar o seu significado e facer oracions en galego empregandoos. Foi todo un éxito 👏🏻

Comentarios
Publicar un comentario